Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O viaxeiro perfecto / Iván García Campos

por García Campos, Iván. (1974-).
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: (Literaria ; 406).Editor: Vigo : Galaxia , 2019 Edición: 1ª.Descrición: 200 p. ; 21 cm.ISBN: 9788491514237.Resumo: Mario, un condutor, e Raimundo Martín, un ancián nada corrente, coinciden nunha ambulancia. Sen que ningún dos dous o pretenda, quedan unidos por un vencello inexplicable, coma se compartisen inconscientemente a solución dun enigma. Ese vínculo descoñecido vainos levar a facer unha viaxe, a derradeira viaxe de Raimundo. A vida de ambos vaise despregar conforme o coche percorre quilómetros. O tempo estenderase polo espazo coma quen desenrola unha alfombra na que os debuxos parecen estar dispostos seguindo a orde do azar. O viaxeiro perfecto amosa non como son as cousas en realidade senón como son realmente as cousas, tendo en conta que, as máis das veces, coma nas aventuras de ficción, a vida é accidentada e está dominada polas circunstancias. Cunha prosa ateigada de revelacións e faíscas inesperadas, da que o humor tamén forma parte, o autor de O imposible de desatar (Premio Blanco Amor 2010) crea dous personaxes inesquecibles, na xinea de James Boswell e o Dr. Johnson, para introducirnos no que é unha insólita novela de viaxes.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Arcebispo Xelmírez I
Sala préstamo
82-N-G GAR via 1 Dispoñible CED102000007697

Mario, un condutor, e Raimundo Martín, un ancián nada corrente, coinciden nunha ambulancia. Sen que ningún dos dous o pretenda, quedan unidos por un vencello inexplicable, coma se compartisen inconscientemente a solución dun enigma.
Ese vínculo descoñecido vainos levar a facer unha viaxe, a derradeira viaxe de Raimundo. A vida de ambos vaise despregar conforme o coche percorre quilómetros. O tempo estenderase polo espazo coma quen desenrola unha alfombra na que os debuxos parecen estar dispostos seguindo a orde do azar. O viaxeiro perfecto amosa non como son as cousas en realidade senón como son realmente as cousas, tendo en conta que, as máis das veces, coma nas aventuras de ficción, a vida é accidentada e está dominada polas circunstancias. Cunha prosa ateigada de revelacións e faíscas inesperadas, da que o humor tamén forma parte, o autor de O imposible de desatar (Premio Blanco Amor 2010) crea dous personaxes inesquecibles, na xinea de James Boswell e o Dr. Johnson, para introducirnos no que é unha insólita novela de viaxes.

Coa tecnoloxía Koha