Rivas, Manuel

Os comedores de patacas / Manuel Rivas - 2ª ed - Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,1991 - 107 p. ;21cm - Narrativa (Xerais) .

Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Rivas, móvese a cabalo entre dous espazos, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside o cotián deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista rebelde e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo.O Manuel Rivas de «Os comedores de patacas» é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión.

1º-2º BAC

9788491219323


Realismo
Adolescencia
Drogas

869.9-31"19"