Bulgakov, Mijail Afanas'evich (1891-1940 )
Corazón de can / Mikhaíl Bulgákov ; traducido por Rosana Murias e María Tolstaia - Santiago de Compostela : Hugin e Munin , 2025 - 151 p. ; 20 cm - (Colección XX) . - Colección XX (Hugin e Munin) .
Corazón de can sufriu a censura soviética, polo que en 1925 a súa publicación quedou restrinxida ao tipo de edición coñecida como samizdat, é dicir, copias clandestinas feitas case de forma amanuense e distribuídas só en círculos de confianza. Oficialmente, a súa comercialización na URSS non foi posible até 1987. Esa ocultación de décadas ten que ver coa visión incisiva que Mikhaíl Bulgákov ofrece da sociedade da época. Sexa como for, o libro tornou nun dos textos máis valiosos e corrosivos da literatura rusa do século XX. A historia desenvólvese en Moscova, onde o profesor Filip Filíppovich Preobrazhenski, cirurxián especializado en técnicas de rexuvenecemento, decide experimentar coa implantación das gónadas e o cerebro dun delincuente no corpo dun can sen dono. Contra todo prognóstico, o animal sobrevive e evoluciona, convertido nun suxeito grotesco que responde ao nome de Poligraf Poligráfovich. En clave satírica, a novela retrata a tensión entre a ciencia e a ética, entre a orde natural e a experimentación social, e entre o individuo culto e a brutana masa. O escritor, partindo dun enfoque alegórico, cuestiona os intentos de transformar a natureza humana por decreto político, e faino cunha ollada implacable sobre os excesos da utopía revolucionaria. No plano estilístico, cabe destacar a combinación da perspectiva omnisciente coa focalización en certos personaxes, quer o can, quer o doutor Bormenthal, a través do seu diario médico.
9791399015027
Novela de ciencia ficción
Novela de ciencia ficción
Novela social e política
Novela social y política
821.161.1-31"19"*S