Chelli, Gaetano Carlo (1847-1904)

A herdanza Ferramonti / Gaetano Carlo Chelli ; traducido por Isabel Soto - Santiago de Compostela : Hugin e Munin , 2024 - 251 p. ; 20 cm - ( Colección XIX ; 101) . - Colección XIX (Editorial Hugin e Munin) .

Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera pública o soado escándalo da Banca Romana, isto é, o primeiro grande caso de corrupción político-financiera en Italia.
A historia percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis ovos para conseguir a herdanza do patriarca. Ambientada nas rúas do centro histórico de Roma, pinta un mundo no que se impoñen a falta de escrúpulos, a especulación bolsista, a hipocrisía e todo tipo de intrigas. Porén, a auténtica protagonista é Irene, nora do ancián Ferramonti, dotada dunha personalidade afastada do modleo de muller da literatura burguesa do XIX. Intelixente, autónoma, sedutora e experta nos negocios, logra impoñer o seu parecer nun contorno masculino, foxe da maternidade e da culpa, e móstrase capaz de agardar o tempo que faga falla para levar a cabo a súa vinganza.
Concibida dende unha perspectiva obxectiva e impersoal, a novela apóiase no carácter sentencioso das intervencións da instancia narradora, na dimensión coral que lle outorga a irrupción da óptica dos distintos personsaxes e no uso do discurso indirecto libre.

9788412807530


Novela da vida cotiá
Novela de la vida cotidiana

821.131.1-31"19"

Coa tecnoloxía Koha