Manel Cráneo 1973

Cinza / Manel Cráneo - 1ª ed. - A Coruña :Demo , 2023 - 135 p. : cartoné ; 295x275x20 mm.

Cinza é a adaptación de Manel Cráneo do long-seller A nosa cinza, de Xavier Alcalá, con máis de 80000 exemplares vendidos.

Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia. Cinza é unha obra univesal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espiríto Nacional Católico empeñado en agochar o galeguismo.

1º-2º ESO 3º-4º ESO 1º-2º BAC Formación Profesional

9788412612097


Fundamentalismo relixioso
Amor
Morte
Amizade


Galicia--Posguerra--Guerra civil

82C

Coa tecnoloxía Koha